miércoles, 2 de noviembre de 2016

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Con motivo do Día Mundial da Ciencia, que se celebrará o vindeiro día 10 de novembro en todo o mundo, a Consellería deCultura, Educación e Ordenación Universitaria, pon en marcha o "Mes daciencia en galego nas Bibliotecas".


Durante todo o mes de novembro terán lugar unha serie de actividades nas Bibliotecas Galegas que terán como denominador común a divulgación científica. Mostras bibliográficas, obradoiros, espectáculos, contacontos, charlas, conferencias, co obxectivo de achegar a ciencia a pequenos e maiores.

-->
O manifesto deste ano vén da man da arquitecta galega Isabel Aguirre de Úrcola, gañadora entre outros do Premio Nacional de Arquitectura e do Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario