martes, 12 de noviembre de 2019

COMEZAMOS COAS ACTIVIDADES PARA CONSEGUIR CARTAS DE VANTAXES



Este curso tamén imos lanzar actividades, que podedes facer de maneira voluntaria, coas que iredes gañando cartas de vantaxes. Xa sabedes que poden ser en distinto formato e que vos pediremos cousas moi variadas: respostas a algunhas cuestións, debuxos, pasatempos, xogos de fuga, cuestionarios online.

Coma novidade, durante este curso, non haberá tarxeta de puntos, senón que ao facer de maneira correcta unha actividade gañaredes unha carta de vantaxes. ATENCIÓN: Pode aparecer unha carta sorpresa cunha vantaxe super especial. Estade atentos e atentas porque non hai moitas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario