O MAGO DA PAZ
Había unha vez un lugar onde pasaban cousas misteriosas.
Alí vivía o Mago da Paz e atopou unhas pegadas misteriosas. Colleu unha lupa e púxose a seguir as pegadas.
Entón pensou: "A onde me levarán estas pegadas máxicas? Igual me levan a un portaliño máxico... e tal vez poida atopar ouro, diamantes," ...
Camiñou e camiñou e chegou ata un lugar quedando abraiado polo que descubriu. Unha paisaxe destruída, casas derrubadas, árbores queimadas, moita contaminación e xente fuxindo...
O mago sacou da súa chistera unha bóla de cristal para poder ver o que pasara. Ao velo, quedou sorprendido porque descubriu que a un mago amigo seu descontroláraselle a maxia e foi o que destruíu todo.
Entón adentrouse no pobo para ver se o atopaba e axudarlle a arranxar a desfeita coa maxia dos dous.
Atopouno e o mago díxolle que se fora, que era moi perigoso estar alí...
O mago da paz non deixou ao seu amigo e xuntos queren recompoñer toda a desfeita.
Comezan a reconstruír todo e ven que está todo moi mal.
O mago da paz párase a pensar e atopa un conxuro co que pode axudar.
Da súa chistera comezan a saír pombas máxicas que saen voando e soltando uns pos máxicos cos que se arranxa todo.
Empezaron a limpar todo, as casas recuperaron a súa imaxe; a contaminación foise; as árbores volvían ser verdes e grandes e os paxaros facían os seus niños; as familias regresaban felices ás súas casas.
A xente quedou tan agradecida aos magos que decidiron encargar unha escultura dunha pomba e poñela na praza do pobo.
FIN
No hay comentarios:
Publicar un comentario