jueves, 9 de noviembre de 2023

Novembro, Mes da Ciencia en Galego

Bo día! O pasado sábado día 4 foi o día da ciencia en galego e este venres día 10 o día da ciencia. Para celebralo, este ano, a editorial Guindastre e a Xanela do Maxín queren agasallarvos cunha vídeo-canción sobre o método científico. A ligazón para que poidades velo e escoitalo é https://www.youtube.com/watch?v=12s1jJwhZrI

Tamén queren difundir O LIBRO DA TOUPICIENCIA,  con contidos interactivos. Podedes collelo na nosa biblioteca e tamén visualizalo ou descargalo na seguinte ligazón: https://guindastre.gal/o-libro-da-toupiciencia/
Agardamos que vos guste e que teñades un moi FELIZ DÍA DA CIENCIA!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario