Como en anos anteriores (aínda que esta sexa diferente) o IBBY (International board on books for young people) chama á commemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A sección patrocinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai, ilustrada por Damijan Stepancic: FAME DE PALABRAS.
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Héctor Cajaraville.
No hay comentarios:
Publicar un comentario