viernes, 17 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

    Achégase o Día Mundial do Libro e desde a Consellería de Educación edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.
    O escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, creou un texto orixinal para este díptico. Súa é esta evocadora afirmación:
    "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín."
    A imaxe do díptico é unha colaboración do profesor Harold Iglesias. 


















Propoñemos para conmemorar este día unha actividade nova e as dúas mesmas actividades que para o Día do Libro Infantil, que se celebrou o día 2 de abril:

- Elaborar un marcador de libros con materiais diversos. Deixamos uns enlaces para que collades ideas:
marcapáxinas
separador

- Facer un debuxo onde destaquen palabras bonitas que nos axuden a pasar estes momentos. Podedes facer o debuxo coa técnica que máis vos guste, sempre en formato DIN A4.

- Escribir un micro-relato de temática libre. (Tamaño do relato un folio e a letra non máis grande de 16).

Cando teñades rematada a vosa actividade, o marcapáxinas, o debuxo, o relato ou todo enviade unha foto co resultado ao correo de Ravertiña: ravertinha@gmail.com
Tedes ata o 30 de abril para enviar as vosas fotos e despois publicarémolas neste blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario