lunes, 21 de marzo de 2022

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

 A POESÍA TEN A PALABRA

En tempos confusos como os que vivimos, cómpre viaxar polas métaforas das imaxes e as palabras, asolagar as nosas bibliotecas de poesía, buscar acubillo en versos reparadores, descubrir a poética do máis pequeno e próximo...

Hai moitos ollos no mundo,
ollos ledos e baleiros,
pequerrechos, preguiceiros,
ollos tristes e profundos.

Ollos ollando os abrentes,
ollos con olladas frías,
ollos de noites e días,
olladas de ollos doentes.
Ollos claros e marróns,
azuis, negros, verde escuro,
ollos que baten nos muros,
ollos-corisco e limón.



Ollos das pombas feridas,
ollos limpos, meiguiceiros,
ollos que aluman carreiros,
ollos de olladas perdidas.



Hai moitos ollos na terra,
ollos ollando as olladas
doutros ollos e as moradas
de tantos ollos que berran.



Paseniño, paseniño. Antonio García Teijeiro



NA NOSA BIBLIOTECA FIXEMOS UNHA PEQUENA SELECCIÓN DE LIBROS QUE ESTÁN Á VOSA DISPOSICIÓN.



No hay comentarios:

Publicar un comentario