martes, 14 de marzo de 2023

LECTURAS INTERCENTROS III

  LECTURAS INTERCENTROS III

Recordamos que o pasado mes de decembro comezamos unha aventura compartida con outros coles, o CEIP Ramón de Valenzuela, de Bandeira, o CEIP Xesús Golmar, de Lalín e o CEIP Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe . A través de videoconferencia, un dos coles le un conto para os nenos e nenas dos outros coles.
As lecturas son gravadas en audio ou vídeo, con estas gravacións obtemos un código QR que atoparedes na contraportada dos contos co fin de facilitar a lectura dos mesmos aos nenos e nenas con distintas dificultades.
No mes de marzo tocoulle aos nenos e nenas de 5º de primaria do noso cole que leron para os seus compañeiros e compañeiras dos outros centros.
Contaron:
"Non a todas as nenas lles gusta o rosa"









 "A vaca que puxo un ovo"

 "A tartaruga que quería durmir".

Aquí vos deixamos os vídeos para que vexades que ben o fixeron.















No hay comentarios:

Publicar un comentario