Hoxe no cole vivimos unha actividade moi especial.
Varios coles unímonos na lectura. Á mesma hora conectámonos co CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira, co CEIP Xesús Golmar de Lalín e o CEIP Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe.
Nenos e nenas de distintas edades xuntámonos para escoitar un conto acorde a estas datas, proposto polos nenos e nenas de 5º do CEIP Xesús Golmar de Lalín: "Contos de Reis e de Nadal" de Miguel Vázquez Freire.
Tres relatos curtos que deixaban ver a emoción do momento, os nervios provocados pola situación, e que abrían a porta a moitas sesións semellantes, que agardamos se repitan ao longo do curso, con outros protagonistas e con público máis amplo e variado.
Aquí podedes ver aos compañeiros de 5º do noso cole nun momento da lectura.
Aquí tedes o audio para escoitar o conto:


No hay comentarios:
Publicar un comentario