Para conmemorar o Día da Paz imos crear un conto enlazado desde infantil ata primaria. Os nenos e nenas de educación infantil poñerán título e comezarán esta historia que irán desenvolvendo en primaria.
E para conmemorar o Día da Ilustración todos e todas os que queiran poderán facer unha portada para o conto enlazado que resultou da actividade anterior.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, e celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galega. E a estrea é de luxo pois vén acompañada dun cartel deseñado por Miguelanxo Prado, un dos máximos representantes do mundo da ilustración galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario