miércoles, 15 de abril de 2020

15 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA ARTE




           Celébrase o día mundial da arte e, seguindo a iniciativa do Museo Getty, de Los Ángeles que está tendo resposta por todo o mundo achegámosvos esta actividade. A idea é que escollades unha obra de arte que vos guste e a recreedes con humor e imaxinación, con cousas que teñades pola casa.

          Cando teñades listas as vosas obras de arte e se os vosos pais e nais dan o consentimento para publicar neste blog, enviadeas a ravertinha@gmail.com. Se a enviades quere dicir que os vosos pais e nais están de acordo con que se publiquen no blog da biblioteca.

A imaxe deberá ir acompañada dos seguintes datos:
Título e autor da obra orixinal e se é posible, foto.
Título e foto da vosa creación.
Nome, apelidos e curso no que estades.

A data límite para enviar as fotos é o 30 de abril.  

Para que teñades unha idea, deixamos algún exemplo e enlaces de interese.

 



MUSEO LOUVRE, PARÍS

BRITHIS MUSEUM, LONDRES

MUSEO BELAS ARTES, A CORUÑA

No hay comentarios:

Publicar un comentario