martes, 14 de abril de 2020

RAVERTIÑA QUERE SABER...



SEGUIMOS CO NOSO XOGO PARA SABER DE QUE ESTAMOS FALANDO. RECORDAMOS COMO É...
Xogo de pistas sobre o proxecto "O UNIVERSO".
Cada semana de abril daremos pistas, cada día, para que descubrades de que estamos falando. Será sempre algo relacionado co proxecto deste ano.
A familia que o adiviñe primeiro terá un pequeniño agasallo cando poidamos voltar ao cole.
A gañadora será a que primeiro envíe a resposta correcta ao email ravertinha@gmail.com
Non esquezades poñer o nome do neno/a e o curso.
Só vale unha resposta por familia e día!!
ESTE XOGO É SO PARA FAMILIAS DO CEIP MANUEL RIVERO.

1ª PISTA: SON UN LUGAR MOI MISTERIOSO. A NAVE ESPACIAL NEW HORIZONS FÍXOME UNHA VISITA NO 2015.

2ª PISTA: ESTOU FEITO DE TROZOS DE ROCA, XEO, COMETAS E PLANETAS ANANOS. ESTOU XUSTO FORA DA ÓRBITA DE NEPTUNO.

3ª PISTA: POR MÍN FLOTAN PLUTÓN, ERIS, HAUMEA E MOITOS MÁIS OBXECTOS INTERESANTES. EN 1951 UN CIENTÍFICO CHAMADO GERARD KUIPER TIVO A IDEA DE QUE PODERÍA HABER EXISTIDO UN CINTURÓN DE CORPOS XEADOS MÁIS ALÁ DE NEPTUNO CANDO SE FORMOU O SISTEMA SOLAR.

No hay comentarios:

Publicar un comentario