martes, 29 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL - 2022

Mensaxe para os nenos e as nenas do mundo no Día Internacional do Libro Infantil - 2022

Ler é liberdade. 
Ler é respirar. 
Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar. 
Ler permítelle ao teu espírito soñar. 
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso. 
A plenitude do teu universo só medra cando les. 
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente. 
As historias son menciña. Curan. Reconfortan. 
Inspiran. Ensinan. 
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso. 
Mahsi cho. Moitas grazas. 

RICHARD VAN CAMP, AUTOR 
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO





No hay comentarios:

Publicar un comentario